Preguntas Frecuentes

Envíos Rexionais (Comunidade Autónoma de Galicia)

Envíos gratuítos a partir de 35 €

4 € (pedidos ata 2 kg)

Envíos Nacionais (fóra de Galicia)

Envíos gratuítos a partir de 35 €

6 € (pedidos ata 2 kg)

Envíos a Portugal

Envíos gratuítos a partir de 40 €

7 € (pedidos ata 2 kg)

Envíos a Baleares

15 € (pedidos ata 2 kg)

Envíos a Francia, Holanda, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Austria, Italia e Reino Unido

22€ (pedidos ata 1 kg)

27 (pedidos ata 2 kg)

En caso de produto defectuoso ou referencia incorrecta, o cliente deberá enviar un mail a belacolmea@belacolmea.com cos datos do pedido e unha fotografía do recibido, para que poidamos solucionalo rapidamente, enviando, de ser o caso, un transporte para recoller o/os produto/s xunto coa embalaxe orixinal.

Unha vez que recibamos os produtos devoltos, revisarémolos a través dun control de calidade.

Salvo proba do contrario, entenderase que os produtos son conformes co contrato sempre que cumpran todos os seguintes requisitos:

  1. Que se axusten á descrición realizada polo vendedor e posúan as características do produto que o vendedor presente ao consumidor.
  2. Que sexan aptos para os usos aos que ordinariamente se destinen os produtos do mesmo tipo.
  3. Que presenten a calidade e as prestacións habituais dun produto do mesmo tipo que o consumidor e usuario poida esperar segundo a natureza do produto.

Se o control de calidade confirma a desconformidade, os defectos do produto devolto, ou comprobamos o envío erróneo da referencia do produto, causas todas elas alleas ao cliente, contactaremos con este para confirmar o reembolso, que se realizará nun prazo máximo de 14 días naturais, incluíndo: o importe abonado polo/s produto/s obxecto da devolución e, no seu caso, os gastos de envío iniciais e os gastos de envío xerados pola devolución, ou enviar a mercadoría solicitada sen coste adicional. O reembolso realizarase mediante a mesma forma de pago elixida polo cliente no momento de realizar o pedido.

Se tras o control de calidade non se detecta ningunha desconformidade nin defecto de material de fabricación, realizaremos o reembolso do prezo do produto, máis os gastos de envío iniciais. Neste caso, o cliente deberá facerse cargo dos gastos de envío que poidan derivar da devolución.

Polo tanto, non efectuaremos reembolso nos seguintes casos: 

– Produtos danados debido a un uso incorrecto ou a unha neglixencia.

– Produtos non adquiridos no Sitio Web.

– Produtos usados, cuxo envase fose aberto e/ou manipulado. 

Se o cliente cambio de opinión sobre o seu pedido, poderá devolvelo sen penalización de ningunha clase, nun prazo de 14 días dende a súa recepción. O/s produto/s a devolver deberán estar no mesmo estado no que foron recibidos: sen abrir e coa embalaxe e caixa orixinal. A súa decisión de desistencia do contrato deberá de sernos comunicada de forma escrita e enviada por correo electrónico para que poidamos xestionalo o antes posible.

Unha vez que recibamos os produtos devoltos, comprobaremos que todo é correcto e contactaremos co cliente para confirmarlle que o reembolso foi xestionado. Nestes casos, no prazo máximo de 14 días naturais, reembolsarase o importe abonado polo/s produto/s obxecto da devolución (incluídos, no seu caso, os gastos de envío iniciais). Os gastos de transporte derivados da devolución do produto (portes de envío de volta ata o noso almacén) correrán a cargo do cliente. O reembolso realizarase mediante a mesma forma de pago utilizado no momento de realizar o pedido.

Lamentablemente non. Realízanse envíos a Francia, Holanda, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Austria, Italia e Reino Unido, pero non ao resto dos países da CEE.

Lamentablemente non, non se realizan envíos ás Illas Canarias.

Poderase elixir a forma de pago que máis conveña entre:

PayPal: empresa pertencente ao sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que conten cun correo electrónico. Trátase dunha alternativa ao tradicional método de pago en papel, como son os cheques e os xiros postais. Trátase do servizo intermediario de pago de maior confianza, rápido e sinxelo para enviar un pago a calquera comercio rexistrado en PayPal. 

Pódese pagar vía PayPal independentemente se se ten unha conta en PayPal xa ou non. Se non se ten conta, pódese pagar como invitado na pasarela segura de PayPal. En ningún momento se transmiten datos da súa tarxeta de crédito. Se ten conta xa en PayPal siga os pasos normais.

A operación de pago online realízase a través do intermediario PayPal, mediante un servidor seguro baseado no estándar SSL, garantindo así a total confidencialidade dos datos. Cando se realiza a transacción, PayPal cobra na tarxeta de crédito do comprador a cantidade especificada e envía ao instante a confirmación do pago, procedendo así ao envío do produto. Despois de pagar na pasarela é preciso seguir o enlace que leva de novo á tenda, así finalizará o pedido.

Pago mediante tarxeta: pódese pagar con tarxeta de crédito ou débito na Pasarela segura de ABANCA. Importante: despois de pagar na pasarela é preciso seguir o enlace que leva de novo á tenda, así finalizará o pedido.

Bizum: poderá pagar a través da súa conta de Bizum dunha forma doada, sinxela e segura. Introduza o número de teléfono móbil e a clave de Bizum que obtén a súa App de Bizum), confirmando a compra.